Novas oportunidades para o comercio

O cambio radical que supuxo a chegada do COVID-19 afectou de xeito especialmente importante a diversas ramas da economía entre as que se atopan o comercio, a hostalaría e as actividades turísticas.

 

Estes sectores, dun día para outro, debido ás restriccións que se aplicaron do movemento da poboación, viron como o mercado mudaba de xeito radical ou incluso chegaba a deterse por completo.

 

A situación na que se atopa o mercado permanecerá uns meses pero, transcurrido ese tempo, volverá pouco a pouco a recuperar a normalidade.

 

É por este motivo polo que, dende o Concello de Vilalba ponse en marcha este plan co obxectivo xeral de apoiar a estes sectores afectados, mediante o deseño de accións encamiñadas a encarar a situación actual e preparalos para poder afrontar o período Post-Covid.

O proxecto está orientado a mellorar a competitividade das empresas mediante a realización dunha diagnose de situación; para despois pasar a unha fase de formación e a realización dunha campaña de promocións.

O esquema do proxecto é o seguinte:

©2020 Compite Vilalba. Concello de Vilalba